miércoles, 5 de mayo de 2010

Domingo Villar

Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e de televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de auga , obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento e, coa súa tradución para o castelán, os premios Sintagma e Brigada 21.Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos con un grán exito. A súa segunda novela foi, A praia dos afogados, publicada no ano 2009, coa que tamén tivo moito exito.Tamén foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Obtivo os seguintes premios:
  • Premio "autor do ano 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.
  • Premio Losada Diéguez de Creación Literaria pola novela A praia dos afogados.

Ollos de auga:Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sague frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que compaxina o seu traballo na comisaría cun consultorio radiofónico. O caso desenvólvese entre o ambiente nocturno dos clubs de jazz e o clima tenso e afectado dos círculos da alta burguesía viguesa.

























A praia dos afogados:
Nunha praia de Panxón, na ría de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas cunha brida verde de plástico. Os veciños falan dun suicidio, mais as primeiras investigacións amosan unha realidade diferente que levará o inspector Leo Caldas a mergullarse no ambiente mariñeiro da vila,xa que se pensa que foi un asasinato, producido por un mariñeiro cercano á vítima, nun universo onde o vento funga historias de naufraxios e de heroes que venceron o mar. Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo.


























Cos resumos dos libros que lle deron un gran éxito a Domingo Villar, cerro a información sobre este escritor tan importante na nosa lingua.

No hay comentarios:

Publicar un comentario